13/02/2014

CAMBIOS EN NORMATIVA

Novidades

  • 11 FEBREIRO , 
    Participación dos M-30 e Senior en probas Elite-Sub 23

    Participación dos M-30 e Senior en probas Elite-Sub 23
     A Comisión Delegada da Federación Española de Ciclismo aprobou o cambio nas condicións de participación nalgunha clase de probas. Abrindo a participación aos Sénior e Máster 30 nas carreiras que se organizan para a categoría Elite - Sub 23.
    O resumo do artígo modificado é o seguinte:
    En carreiras dun dia, nacionais ou autonómicas, de Elite e Sub 23 poderán participar os Másters 30 e Sénior.
    En probas por etapas poderán participar os Máster 30 e Sénior que teñan licencia cun equipo Elite-Sub 23, inscrito como tal, na Federación Española de Ciclismo.
    Estas probas non estarán abertas á participación dos Másters 40, 50 e 60.
    En carreiras organizadas para a categoría Máster e Senior non poderán correr os Elite - Sub 23.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.