25 de feb. de 2014
PEDALADA ARTABRA
Esta é a crónica da Pedalada Artabra segundo o noso compañeiro Sebas. Tamén participaron Pablo Marítnez e Pablo Castellanos.
""Pequena crónica da Ártabra 2014: é a miña cuarta Ártabra e creo que é na que mellor día fixo de todas as veces, non caeu unha gota en todo o fin de semana, polo tanto as piscinas que formáranse baixaron de nivel bastante, cousa que foi de agradecer. Dureza a de sempre, coas novas partes que engadiron había trialeiras técnicas para subir, que se subiron case todas! E baixadas de medo, que máis ben era barranquismo, pero a ruta en xeral foi moi divertida, tomándoa con calma que había que reservar moitas forzas. Non atopei máis xente da Peña pero porque íbamos todos desperdigados. Mención especial o Riazor, organizador de todo isto, porque me parece das rutas mellor montadas, e porque en cada cruce, desvío había sempre alguén, e ademáis polo monte estaba todo sinalizado a perfección. Ata a Ártabra 2015!"
Roteiro moi duro e ben currado polos compañeiros do Riazor, os que hai que felicitar, pois somos conscientes do traballo que xenera unha marcha de este calibre.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.