26 de feb. de 2014

BTT RIANXO

Catro membros da Peña Monte Xalo, Fernando, Guille, Roxelio e Yiyo,  acudimos a marcha BTT de Rianxo, fantásticamente organizada pola peña ciclista Castro Barbudo. Despois dos temporales dos días anteriores, o tempo obsequiounos  cunha explendida mañan para a practica do BTT. Una boa cantidade de beteteiros poidemos disfrutar do fantástico recorrido, no que atopamos unha gran cantidade de lameiros e de charcos, incluso atopamos una baixada de unos 300m polo cauce de un regato que levaba una boa cantidade de auga. Este regato xa quedou bautizado polos membros da Peña Monte Xalo como a ruta do Salmon. Ruta case toda por camiños e sendeiros de monte e con muy poucos tramos de estrada. Ruta esixente con  boas subidas entre a que destacaba un tramo de 4Km de ascenso continuo a carón da autoestrada,  sin grandesdesniveis pero moi constante seguido dunha dura  subida en zig zag dunhos 3Km,  coa conseguinte baixada espectacular por un cortalumesCompre salientar  o bon criterio da organización a hora de elixir o percorrido o ser todo ciclable e sen baixadas moi perigosas e as que había estaban perfectamente señalizadas o igual que toda a ruta.O finalizar a ruta podemos disfrutar dun refrixerio acompañado de tortilla, empanadas e bolos preñaos. En definitiva boa ruta, e boa organización.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.