09/02/2014

A GRAN BIKEDADA (VIGO)

Hoxe celebrouse en Vigo a Gran Bikedada, e a Peña Ciclista Monte Xalo tivo representación por parte do noso compañeiro Sebastián, que según nos comenta, pasaron frío como condenados, barro como se o regalaran, choiva a caldeiros, hipotermias e toda clase de sufrimentos. Con todo eso déronse por satisfeitos. E ben que pode estar satisfeito acadando o posto decimoquinto de entre uns cantos centos de participantes.


¡Noraboa Sebastián! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.