31 de out. de 2018

II EDICION LA DESERTICA, ALMERIA



 
Crónica de Javier Souto: 
"A pasada fin de semana celebróuse o sábado día 20 de outubro en Almería a II edición de “LA DESERTICA” proba que constaba de dúas modalidades ultras; unha para marchadores de 70 Qm e outra de MTB de 102 Qm, organizadas ambas pola BRIGADA DA LEGIÓN REY ALFONSO XIII, sita na base militar de Álvarez de Sotomayor existente na localidade de Viator. Ista e unha das catro probas deste tipo organizadas pola lexión da que é decana “A 101 de Ronda”.

Tiñamos ganas xa desde o pasado ano en acudir a esta cita, a pesar do esforzo que supón atravesar o mapa de punta a punta e pasar cinco comunidades autónomas e atravesar 13 provincias para chegar a destino. O xoves previo fomos a coñecer a zona da última subida ao Marchal de Enix (na que nos atopamos ramplas do 20%) acompañados de bo tempo. O venres acudimos a buscar os dorsais e a gozar do ambiente previo en Almería.

Ás 9:00 do sábado deuse a saída aos participantes de MTB e ás 10:00 saían os marchadores. A ruta ten tres partes diferenciadas; os primeiros 29 Qm con subida aos Baños árabes de Sierra  Alhamilla, a partir do Qm 30 en  Benahadux onde comezaban as interminables subidas; á subestación eléctrica, á presa, pasando pola subida de  Enix e chegando á zona máis alta da subida o  Marchal a 1.200 metros de altitude no Qm 74, e a partir de este Qm a última parte de goce en baixadas con zonas de carreiros alucinantes ata chegar á  rambla de  Aguadulce onde se viraba cara a  Roquetas pola praia ata a zona da praza de touros, onde estaba a meta  no  Qm 102.

Toda unha aventura inesquecible, na que se viron Xalos subindo as serras almerienses por primeira vez.

Tamén puidemos gozar da compañía de vellos amigos a os que facía tempo non víamos.

Da Pena Ciclista Monte Xalo acudiron Sara, Miguel Barros e Javi Souto, (Sara a nosa benjamina, aínda que acudiu non puido participar na ruta).

Gracias a organización por esta rutaza.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.