" O venres 14 de Xullo desprazámonos, para realizar a ruta organizada polo “TRES LUNAS RACE”, ata Quereño;
pobo da parroquia de San Cristobal do Concello de Rubiá de Valdeorras, situado
no punto máis o leste da provincia de
Ourense, punto fronteirizo con León e a súa comarca do Bierzo e separado
da súa localidade veciña de Puente de Domingo Flórez polo o rio Sil.
Por parte dá Pena
Ciclista Monte Xalo fumos Albertini, Miguel Barros e o que subscribe,
acompañounos o noso colega Toñito integrante do Clube Ciclista Betanzos. O
venres realizouse unha contrareloxo nocturna de 26 Qm e 600 metros de desnivel
positivo e o sábado dúas modalidades unha competitiva e outra cicloturista de
60 Qm e 2.250 de desnivel positivo. A ruta discorría por parte do camiño de inverno
e polas fermosas paraxes do parque natural “Serra dá Enciña dá Lastra” incluída
na Rede Natura 2000 e declarado parque natural no ano 2002. Polo que puidemos gozar dunha contorna natural única.
Por outra parte a xente de Quereño
envorcouse coa proba apoiando en todo momento aos participantes, en definitiva
gozamos dunha boa fin de semana de BTT sen incidencias e en boa compañía.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.