1 de nov. de 2018

II BTT KOMANDO XOVIETICO


Crónica de Marcos Louro:
"O último domingo de outubro acudín, ata Xove, a participar na II Btt Komando Xovietico organiza polo clube do mesmo nome.
Ruta, duns 40 Qm e 1300 metros de desnivel acumulado, con camiños moi traballados e divertidos (mais ainda co esbaradizo do terreo polas choivas) percorría distintas paisaxes, tanto carballeiras centenarias como acantilados e praias.
O rematar a ruta disfrutamos dun estupendo xantar a base de sopa e lacon cocido con chourizos.
Unha ruta espectacular, tanto polo traballado do percorrido como polas impoñentes paisaxes, a que seguro que voltarei para a próxima edición."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.