Crónica de Javier Souto:
"O sábado 19 Mayo celebróuse a XII edición 2018 da carreira de MTB “Los 10.000 del Soplao” con saída e chegada en Cabezón de la Sal, (Cantabria), con case 4.300 beteteiros, unha proba das maís coñecidas a nivel nacional con una distancia de 162 Qm e 4.800 de desnivel acumulado. Desprazámonos varios integrantes da peña: Alberto, Miguel, Montes, José Luis, Roberto Tejedor, Yeyo, Santi, e o que suscribe, para disfrutar do entorno natural e por suposto dun día sobre duas rodas por esas terras espectaculares Cántabras. Tivemos sorte coa climatoloxía, e agás de algunhas néboas o sol deixouse ver o longo do día con una boa temperatura para a práctica do BTT. Unha boa organización, e una implicación de moitos veciños dos pobos animando os participantes. O ambiente “soplao” impresionante, para os que acudimos por primeira vez a esta proba dónde, entre outros, coñecimos no Qm 135 “El Negreo” que foi a guinda do pastel, e xá sabemos o porqué da fama do mesmo. Un día de intenso BTT para os compañeiros que participaron nesta esixente proba, este fin de semana en Cantabria."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.