24 de maio de 2018

XXII RUTA DO SALMON- A ESTRADA

Crónica de Enrique Fraga "Tito".
"Un ano mais, acudimos a convocatoria dos nosos amigos do Clube Bikestrada, para asistir a XXII Ruta do Salmón.
Ata A Estrada, desprazámonos por parte da P. C. Monte Xalo, Esteban, Tabo, Exposito, e eu mesmo, acompañados dos nosos amigos e compañeiros de pedal, Fernando, Moncho, Oscar e Toni.
Como xa nos teñen acostumados os Bikestrada, foi unha ruta moi ben organizada que, saindo dende o centro do pobo, descorre por zonas moi fermosas como a marxe do rio Ulla.
Todo o percorrido fixémolo en grupeta, botando unhas risas e desfrutando dunha gran tarde de BTT, que rematou con uns bocatas de chourizo a parrilla e unhas cervexiñas, que a organización nos tiña preparados.
Agradecerlles o bo traballo realizado, e animalos a seguir facendo así de ben.
A bon seguro, repetiremos !!!"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.