27 de maio de 2018

V MARCHA BTT MIGUEL MANTEIGA

Crónica de Roberto Cacheiro:
"O Sábado 12 de Maio celebrouse a V Marcha Miguel Manteiga en Castelo disfrutando do Monte Xalo, organizada por Castelo Deporte, e cun percorrido de 32 Qm con 1400 metros positivos.
Ata Ali fumos varios integrantes da P.C Monte Xalo, alguns disfrazados, entre eles Miguel Manteiga, Cacheiro, Marcos, Javi.....así ata 17.
O percorrido era polo Monte Xalo subindo dende  a parroquia de Castelo ata o cume, despois de pasar por algún sendeiro e disfrutando deste entorno baixamos ata a Hermida , pero rápidamente volvimos a subir. Todo o percorrido foi rompepernas, pero isto era o Monte Xalo e non podía ser doutra maneira.
Como sempre a organización perfecta, rematando cun churrasco e un homenaxe a un veciño de Castelo que ben o merecía."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.