"Hoxe celebrouse a segunda ruta da LACONXEST 2018 de Cuntis e creo que fun eu o único Xalo e aparecer por alí.
Despois de chover pola noite que presaxiaba o peor, ao final o tempo acompañou en todo momento, facendo uns agradables 17 - 20 °C. Incluso esa humidade agradeceuse porque os camiños estaban fantásticos sen pó.
Comentar que é unha ruta espectacular polas paisaxes nas que discorre, corredoiras baixo carballeiras incribles á beira dos río Umia, o cal cruzamos dúas veces, e polo encoro Moraña/Caldas. Súbese ao Cávado e ao Xesteiras pasando polo parque arqueolóxico dos Petroglifos de Cequeril.
Son uns 80 Qm e 2600 m de desnivel acumulado cheos de sendeiros moi técnicos e esixentes. E aos que lles gusten as baixadas de vértigo as duras subidas rematan nunhas baixadas moi técnicas e trialeras moi endureiras. Había escapatorias e ruta curta de 40 Qm pola mañá e outra de 40 Qm pola tarde que percorría a segunda parte da ruta completa (a subida ao Xesteiras).
A organización foi de dez con bos avituallamentos onde había tanto líquido coma sólido. A ponte do río que prepararon este ano foi espectacular. E os camiños estaban limpos, perfectos para desfrutar dun día magnífico de puro MTB."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.