18 de xuño de 2017

II BTT CARRAL

Estaba anunciado un día caluroso, e as previsións non se enganaron. Terrible a tª que sufrimos durante esta proba, para o que estamos acostumbrados por estas latitudes e época do ano. Os nosos compañeiros de Carral organizaron unha marcha de velocidade libre, ca base do circuito 2016, pero con algunhas modificacións que supoñían un incremento da dureza do percorrido. Con saída dende o concello, visitamos a través dos sendeiros e monte, localidades coma Sergude, Herves, Barcia, e Cabrois, para despois de 44 Km, presentarnos de novo no campo da feira. Os participantes tamén tiveron a posibilidade de atallar para compretar menos Km, nalgúns puntos da proba. O final, cervexiña fresca, acompañada de empanada local e un prato de pasta para recuperar as abondosas forzas que se gastaron para compretala marcha. Pola PC Monte Xalo, acudiron mais de 30 ciclistas, dos que Javi Vázquez foi quen de entrar primeiro na clasificación absoluta longa, e Nadia, 2ª clasificada feminina, na mesma tirada. Parabéns a BTT Carral por esta proba, que xa está a coller solera entre os practicantes da bici de montaña da comarca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.