Tódolos anos os amantes de calquera tipo de deporte marcámonos un reto para o cual botamos grande parte do ano adestrándonos. Para un grupo da sección cicloturista por estrada da PCMX este ano o obxectivo era o Gran Fondo Gêres, coa incognita de non ter participado ata o de agora en ningunha proba no país veciño. Anos anteriores os retos foron a Peña Cabarga, Os Lagos de Covadonga, La Sacagüeyos, etc, probas de carácter nacional, as que éste ano tiñamos que engadir un toque de dificultade, que o remate non foi tanto, pois nin o idioma nin os costumes son tan diferentes dos que por aquí temos.
De entrada dicir que Portugal é un país se cadra moi descoñecido para moitos a pesar da súa cercanía, pero que merece, e moito, a pena visitar.
Xá metidos no tema meramente deportivo, o Gran Fondo ten unha dureza alta, sobre todo polos dous muros finais que a 15 Qm de meta, debilitan, e de que xeito, as poucas forzas que imos conservando, e si a todo ésto engadimos a extrema calor que nos acompañou, cercana os 40º, pódese atisbar que para moitos foi un exercicio de supervivencia sobre rodas. Para a maior parte dos integrantes da PCMX éste sufrimento tivo un efecto menor, pois rodaron xuntos os 154 Qm de que constaba a proba, axudándose constantemente e chegando xuntos a meta sen importar nin tempo nin posición na táboa clasificatoria, tan só o de superar un reto persoal fixado tempo atrás.
No tócante a organización dicir sinxelamente que nos deixou marabillados, e na parte negativa da proba volvemos a incidir na gran cantidade de envoltorios de chocolatinas, xeles, etc que se atopaban polas estradas, algo indígno de aquel que se precie como cicloturista, pois deixa unha imaxe lamentable dos amantes das dúas rodas, e que entre todos debemos de erradicar o mais axiña posible. Non podemos pedir respeto sinón damos exemplo coas nosas conductas.
No Gêres participaron no Gran Fondo: Diego, Guille, Iván, Julio, Maragoto, Marante e Yiyo, e no Medio Fondo, Monky, sendo acompañados na nosa aventura lusa por David.
E como non cremos nas fronteiras, o vindeiro ano seguro que haberá Xalos a todo o ancho e largo da península Ibérica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.