16 de xuño de 2017

XXI RUTA DO SALMÓN- A ESTRADA

 Crónica de Enrique Fraga:
"O pasado sábado día 10, desprazámonos a A Estrada un pequeno grupo de Xalos, (Esteban, Manuel Exposito i eu mesmo), acompañados do noso bon amigo Adrian Freire, para disfrutar da XXI Ruta do Salmón.
A Peña Ciclista Bikestrada, facendo gala da súa xá habitual habilidade organizativa, preparounos unha ruta fermosa e moi rodadora, de uns 40 qm, transitando por aldeas da zona e bordeando durante boa parte da ruta o rio Ulla.
Na línea de chegada tiñan-nos preparado un “biorecuperador” a base de cervexa, empanada e chourizo, que fixo as delicias de todos nos.
Na próxima edición, trataremos de volver,  seguro."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.