O pasado día 3 de xunio celebrouse no concello de Noia, a ruta btt a gran Ruta Celta 2017 que constaba de 3 modalidades, ultramaratón de 180 qm, maratón de 100 qm e a popular de 50 qm.
Ata o lugar desplazáronse 5 Xalos representando ao Club, Fran Calabria, Sergio Morandeira, Juan Carlos Sánchez, Victor Touriñan e Alberto Sánchez que debutaba no seu primeiro maratón compretando os máis de 100 qm.
O día presentábase caluroso e con máis de 260 ciclistas, para percorrer as fermosos paraxes das comarcas con vistas panorámicas da ría de Muros, Carnota, Paxareiras, Serra de Outes e a ría de Noia.
A ruta tiña un pouco de todo, dado o desafio ó que nos enfrentamos todo-los ciclistas polos sendeiros rapados, trialeiras, baixadas polos cortalumes, pontes colgantes e cómo non subidas que asemellaban interminables, toda unha gran Ruta que sólo a desmellorou un pouco algún problema na organización, dado o evento destas características, pero como dis que é o refran: dos erros apréndese e esperemos que para o seguinte ano podamos disfrutar máis dun evento destas características, e para rematar agradecer a Ricardo o traballo realizado no montaxe do video, grazas e ata o seguinte evento."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.