7 de abr. de 2017

VII MTB ENDURO OS LAGARTOS. LEDOÑO

 Crónica de Marcos Louro:
"O domingo, 2 de abril, celebrouse en Ledoño o Enduro dos Lagatos. Ata alí acudimos Felix, Felix, Gerardo e un servidor, a disfratar dos 8 tramos técnicos que a organización nos tiña preparados.
A ruta foi esixente físicamente debido as características do terreo que percorríamos, con duras trialeiras de subida, que facían que as tomaramos con calma para poder disfrutar mais dos tramos de baixada trazados, a golpe de rastrillo e fouciño, polos penedos e tobogans naturais deste monte, non tan coñecido pero moi agradecido para a práctica do enduro.
Ó remate da ruta a organización tiña preparada unha paella para repoñer as forzas e poder “comentar as trazadas”
En definitiva, unha ruta moi recomendable, e que espero poder repetir en próximas edicións."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.