6 de abr. de 2017

III TRANSGALAICA. SABUCEDO

 Crónica de Victor Touriñán:
"O pasado 26 de Marzo un grupo de Xalos desprazámonos ata Sabucedo (A Estrada), lugar emblemático para o turismo pola celebración da "Rapa das Bestas", que acolleu a saída da III edición da proba Transgalaica 2017. Nela presentáronse mais de 300 ciclistas, entre éles José Luis Montes, Sergio Morandeira, José Luis Rodríguez, Gustavo Saavedra, Rubén Trigo, Manuel Piñeiro e Victor Touriñán representando a peña.
O circuito presentábase moi rodador e rápido, pero as nevaradas e choivas dos días anteriores encargáronse de complicar o estado do terreo mais do esperado, amosando grandes charcos que ocupaban o ancho do camiño, pero afrontamos o percorrido como cabalos desbocados que fosen perseguidos por unha manada de lobos a través de montes e sendeiros, aínda sendo unha mañán fría e humida.
Para rematar agradecemos a organización e o clube Bikestrada a magnífica ruta, e xá agardamos a vindeira edición."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.