4 de abr. de 2017

EXCURSIÓN O ÉZARO

 Un ano mais o Ézaro foi o lugar elixido por varios compoñentes da Peña para facer un adestramento de fondo, en gran parte motivado polo entorno do Concello de Dumbría o que agradecemos de novo a cesión das súas instalacións. O pé da fervenza foi o lugar elixido polos ciclistas para empezar unha ruta que nos levaría por Cee, Dumbría, Pino do Val, Paxareiras, Muros, Sestaio, de novo Muros, Carnota, O Pindo e remate no punto de saída, onde os mais valentes se atreveron coa mítica subida do mirador. Tamén estaban presentes os beteteiros que fixeron unha ruta polos arredores, que si a quixesen estirar todavía hoxe andarían dando voltas, pois o entorno e propicio tamén para as rodas gordas. Concluídas as rutas tivemos un xantar no propio Ézaro para ciclistas e acompañantes que puxo a guinda a un día impresionante de ciclismo onde o tempo foi un aliado mais.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.