30 de mar. de 2017

BTT EUROCIDADE

 Crónica de Roberto Tejedor :
" O pasado 12 de Marzo celebrouse a xa coñecida Btt Eurocidade, popular proba na que se pasa literalmente do noso pais a o pais veciño Portugues. Unindo as Eurocidades Tui e Valenca do Miño.
Moita xente inscrita e un bo clima de Btt, tanto pola cantidade de xente que se achegou ali como pola metereoloxia que respetou toda a proba. Cun speaker xa coñecido nestas probas ciclistas, o pontearean Terio Carrera.
A proba contaba con duas rutas, unha Btt curta duns 42 Qm e outra longa de 72 Qm e 2136 acumulados de subida, nesta ocasión a Peña Monte Xalo tivo como representante na modalidade longa a Roberto Tejedor.
A multitudinaria saida dende o centro de Tui levounos ata a primeira subida, o monte Aloia, subida rapida e volta a baixar e pasar por Tui, dende ali cruzamos a ponte cara terras veciñas de Portugal, dirixindonos ata Valença do Miño, onde se fixo a ascension o monte Faro.
Unha vez coronado o monte faro, volta outra vez ata Tui para volver a subir o monte Aloia, desta vez pola sua cara mais dura, cunha subida importante de uns 10 Qm aproximadamente, moi duros de levar pero que darían paso a unha espectacular baixada ata Tui para chegar a meta e disfrutar dun increible xantar.
En resumo moi boa ruta, pero moi dura, cun bó trazado, bos avituallamentos e moi bon ambiente, indudable pra repetir "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.