24 de mar. de 2017

MARATON BTT VIVEIRO BIKE EXTREME

 Crónica de Sergio Morandeira:
"Por segundo ano consecutivo fun a unha das maratóns mais duras nas que participei, uns 60 Qm onde non había moito descanso xá que tiña uns 2.500 m de desnivel positivo. Subir e baixar, era o único que se facía, 3 subidas importantes, longas e case sen chán para poder recuperar algo as pernas, as baixadas tampouco quedabanse curtas...moi rapidas e longas onde os brazos tamen sufrian, chamanlle XTREME por algo !!! .O que lle gusta sufrir repite , moi bo ambiente entre os participantes e a organización estupenda do LAR VIVEIRO. Este ano o tempo foi bastante bó, x que o anterior non parou de chover.
Pola parte da P.C. Monte Xalo participamos Sergio, Victor, Fran e Jose."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.