21 de mar. de 2017

TRAIL ALTO SIL

 O noso compañero Bruno Cardamás acudiu este fin de semana a correr a Carreira Alto Sil con 32 Qms e 3500 metros de desnivel acumulados. 
Trátase dunha carreira cun gran nivel de corredores e nun entorno paisaxístico e deportivo que fan que sexa un referente nacional e ata internacional, polo que é xa un clásico ver a corredores de fora de España loitando pola victoria.
No caso de Bruno, tratábase da súa terceira participación, e este ano 15 días despois de acadar un 29º posto na Kangas Mountain cun tempo de 3h 17min (30k Qms e 1800 metros positivos en Cangas de Onís), volvía a Santa Cruz do Sil para facelo ó mellor posibel.
Finalmente logrou acadar o seu obxetivo persoal que era baixar das 3h50min, e parou crono en 3h 38min, cun posto 56º da clasificación xeral. Sobre da competición esta son as verbas: “moi ledo polas sensacións durante a carreira e por cumplir un obxetivo que levaba tempo querendo facer”
Noraboa Bruno.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.