A ruta dos lobos presentábase este ano de un xeito pouco común, con un día solleiro e caluroso e un terreo en mais que aceptables condicións, agás para aqueles que gusten das lamoeiras. Un primeiro tercio moi endureiro, con unhas baixadas moi técnicas e subidas curtas e pronunciadas, deixonos o pé da simeira de Vilagocende, todo un espectáculo da natureza que xustifica de por sí a participación en este evento. A paisaxe que vimos a carón do río facía difícil concentrarse na pilotaxe, pois dificilmente eramos quén de apartar os ollos de tan mágnifica panorámica. Logo atacouse unha subida moi longa por pista duns case (ou sen case) 10 qm, con tramos cimentados (enténdese o porqué...) que superaban o 20% de desnivel e que remataba nun eólicos onde a organización, a que felicitamos pola súa brilante laboura, tiña un dos varios avituallamentos, dende o cual xá se avistaba A Fonsagrada, aínda que todavía restaban 15 qm para o remate. Satisfacción e cansanzo, pois a ruta é bastante esixente, entre os que chegábamos a praza do Concello, sabendo que xá tiñamos conquerido a categoría de "lobos".
Por parte da PCMX dímonos cita unha decena de ciclistas, que diu lugar a variopintas historias, como avarías, caídas (por fortuna sen consecuencia), insolacións (con esto sí que non contabamos, pero tamén sen importancia), etc.
O que sí quedou claro é que o vindeiro ano haberá presenza do Monte Xalo na Fonsagrada. Que vaian atando nos lobos...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.