18/04/2017

ADESTRAMENTO PONFERRADA

Un ano mais, pola primaveira, puxemos rumbo o veciño Bierzo. Tirando das utilidades reais das novas tecnoloxías, fomos facendo un seguimento a meteoroloxía para decidila xornada propicia, e o día foi inmellorable. Xa o pasalo Cebreiro, a primeira hora da mañá, o sol aparecía cun ceo totalmente despexado, que se mantivo ate o final da actividade, incrementándose progresivamente a tª ate os 26ºC, que xa é dabondo para estas épocas do ano. O entreno era o típico deste desprazamento; saída de Ponferrada cara as Médulas, para chegando a Galicia, virar de novo o norte fronte os Ancares leoneses, onde se volta de novo a capital berciana para acometela subida a un dos colosos do norte da península, o longo e duro porto do Morredero.
Boa grupeta a que nos desprazamos desta volta e que poidemos "disfrutar" do percorrido e da ascensión, acabando cunha boa ducha e merenda no hotel El Ancla, onde nos trataron maravillosamente. Así da gusto voltar cada ano!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.