"O primeiro sábado de outubro celebrouse, en A Estrada, a xá clásica ruta Btt da Rapa das Bestas organizada pola P.C. Bikestrada (clásica posto que xa vai pola sua 15ª edición). Ata aló desprazámonos José García, Hector “Pocholo” e un servidor, a disfrutar das dúas rutas que nos propoñian, unha de 40 e outra de 70 qm. A ruta longa era moi radadora, pero ainda así fíxose dura polo terreo rompepernas escollido, con zonas rápidas, pero tamén alguna que outra trialeira, sobre todo de subida. Ó rematar, para recuperar as forzas, a organización dispuxo cervexa e pinchos de empanada. Unha ruta moi recomendable, con unhas magníficas vistas e paixases e unha organización impecable, incluindo avituallamentos cada 10qm.
Esparamos poder asistir para o ano próximo."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.