11 de out. de 2016

CARREIRA POPULAR A CORUÑA 10

Crónica de Iván Bugallo:
"O domingo 9 de outubro acudía a carreira popular Coruña 10 que tivo lugar na propia cidade da Coruña. Pouco que comentar. A organización moi ben dende o meu punto de vista, prezos novamente populares despois da subida do ano pasado, avituallamento final xeitoso, camiseta conmemorativa, e un día de sol estupendo para sair a trotar."
Suliñar que foron varios os membros da peña que participaron en éste evento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.