3 de out. de 2016

IV MARCHA CICLISTA TERRAS DE IRIA

Achégase o momento, para algúns, de "aparcar" a montura de estrada en beneficio do CX, das carreiras pedestres, do btt ou simplemente por darlle un descanso o corpo, por eso ésta cicloturista organizada de xeito brilante polo CC Padronés, parécenos ideal para irlle dando o remate a tempada de estrada, pola quilómetraxe, non demasiado longa, e polo perfil, tampouco demasiado esixente. Para aqueles que gusten de rodar en pelotón, aquí levouse un ritmo asequible pero alegre, e para os que necesitan darse unha última "homenaxe" da tempada de xeito competitivo, tiñan dous tramos libres tanto para subir o porto de Aguasantas, como para facer unha chegada o sprint na liña de meta, non antes sin superar un tramo de pavés, tamén a xeito de clásica. Xornada moi divertida e recomendable para casi que todos os niveis de ciclistas, a que a PCMX xá leva abonada dende os seus inicios, incluíndo a Ruta Rosaliana organizada tamén polo mesmo clube, que nos sirve como arranque da tempada por estrada. De esta volta acudimos Julio, Miguel, Monky, Sergio e Victor. O dito marcha moi recomendable.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.