Tocaba a última tirada de Transgalaica do 2016, e aló fomos. A localidade de Bertamiráns acollía a saída/meta da proba de Ames. Moi bon ambiente e organización, o longo do circuito de 32 Km, o que había que dar 2 voltas, cun desnivel positivo acumulado de 900 m/volta. Ademáis tiñan estipulado o tempo de corte de 2:15 h para acceder a segunda volta. Terreo con moi pouca dificultade técnica, que combinaba tres subidas por pista forestal, un descenso por trialeira de terra, e 2 zoas de sendeiros, unha delas por monte, e outra pola ribeira do río. Pola PC MONTE XALO participamos Sergio, Víctor, Sebas e Julio. Bon día de BTT en Ames !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.