17 de ago. de 2016

III CLÁSICA PUERTOS DE SOMIEDO / SENDA DEL OSO

Somiedo, Ventana, San Lorenzo e Farrapona. Este era o menú perfecto para un atracón de portos e desnivel. Con este reto viaxamos a Pola de Somiedo, o corazón de este impresionante parque natural da montaña asturiana. Roberto, Manteiga, Guille, Yiyo, Miguel, Raul e Julio formaron parte do pelotón de 400 ciclistas que participaron nesta durísima proba. Día fresco para a data, con sol en moitas partes do circuito, que a lo menos colaborou para afrontalos máis de 3.800 m de desnivel positivo que sairon o final. Todolos compoñentes da PC Monte Xalo conseguimos acabala proba a bon ritmo ate completar os 142 qm de percorrido, e disfrutar dunha abondosa espicha final. Proba para a que compre ir adestrado, pero fermosísima polo enclave no que se desenrola, seguramente un dos mellores de todo o país, para este tipo de eventos. Totalmente recomendable adestrar para poder ir a outra edición.
Paralelamente en este desprazamento outros integrantes da peña, Esteban, Carlos e Monky, aproveitamos para  disfrutar da Senda do Oso, unha rede de antigas vías férreas procedentes das minas, que agora estan rehabilitadas para uso e disfrute de viandantes e ciclistas. Dende San Martín de Teverga ata Proaza, pasando por Santa Marina, pódese disfrutar de un día relaxado a o longo de os seus mais de 80 qm., toda unha gozada. Eso sí, estivemos separados beteteiros e estradenses polo mítico San Lorenzo, porto duro, duro onde os haxa.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.