18 de ago. de 2016

III BTT JARNACHAS ARTEIXO

Crónica de Roberto Tejedor:
"O pasado 4 de setembro, celebrouse no concello veciño de Arteixo, a xá terceira edición da proba BTT Jarnachas, organizada polo clube deportivo Jarnachas, proba que se vai asentando no calendario anual das Btts como una das probas as que non se pode faltar.
Exitosa participación tanto na Btt como na andaina que tamen organizaron, e tamen numerosa a participación por parte da P.C. Monte Xalo
Coma os outros anos contouse con dous trazados, unha ruta curta con 3 variantes, 31,35 e 38 qm.,
e a ruta longa de 45 qm e 1500m de desnivel positivo.
A longa foi unha ruta dura, mais aínda para os que tivemos que pagar as consecuencias do parón das vacacions...ainda así, ruta moi divertida.
Na saida e ata media maña a climatoloxia foi a perfecta para a practica do Btt, sen moita calor, que xá despois o ir abrindo o día, tornou a un día de calor que fixo un pouco mais dura a proba.
O percorrido volveuse a cambiar sen repetir o das pasadas edicions. Despois dunha saida rápida nos primeros qm, deu pasó a unha longa subida que facia plantexar o ritmo do resto da proba, aínda que despois deu pasó a unhas baixadas rápidas nas que había que estar moi atento, xa que o monte estaba seco e a tracción non era moi boa.
Xá pola metade da proba aparecía a segunda subida longa, con algún tramo técnico pero ciclable casi o 100%.
A terceira subida longa xa cara o final da proba, a uns 4 qm da meta, a cal co calor de esas horas e o cansancio acumulado se facia moi custosa, dando paso xá a última baixada rápida ata a meta no pavillon de arteixo.
Despois dunha boa ducha, ainda puidemos disfrutar de un bó churrasco.
Sen dubida algunha, e unha btt moi ben organizada a que non dubidarei asistir o año que ven.
Moitas grazas e ata o próximo ano jarnachos!!! "

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.