"O domingo 18 desprazámonos ata As Pontes para partcipar no trail co mesmo nome, nesta ocasion por parte da peña fumos Jose e Ricardo (fallounos Gerardo), Como o ano pasado fixemos o percorrido curto, a proba tiña o mesmo trazado que o ano anterior (menos un tramo pequeno), o cal nos veu ben para asi non vaciarnos a o principio, e ir gardando forzas para as subidas. O dia amenceu perfecto para correr polo monte pois non facia moita calor, coma sempre a proba estaba perfectamente sinalizada, con uns avituallamientos abundantes e unha moi boa organizacion."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.