"O sábado 3 de setembro, ás 22:00 horas, celebrouse a XX Carreira Noctura Popular de Noia, que conta con boa sona no entorno do Barbanza. Este ano chegaba moi xusto de preparación, así que decidín probar a ir en bici dende Bastiagueiro ata Noia, 98 kms, e despois facer a proba. A verdade é que vale a pena facelo, aínda que lóxicamente o ritmo correndo vese moi afectado.
A carreira en sí, excepcional, coma sempre. Gran ambiente, moita xente nas rúas, e moi boa entrada a meta con luces led instalada por Emesports. O percorrido foi de 9 kms e variou con respecto ao do ano pasado, perdendo fermosura a cambio de non colapsar a zona vella, supoño. Aínda que é certo que son de Noia, e polo tanto non podo ser neutral, penso que se pode recomendar esta carreira a todo o mundo, porque a tradición deportiva en Noia é importante e o ambiente, en consecuencia, incrible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.