14 de set. de 2016

XII CRONOESCALADA A BREAMO

A saída do venres á tarde adicámoslla a ir ate Pontedeume participar na crono a Breamo. Achegámosnos en coche a Betanzos por mor que a volta era probable que se nos botara a noite enriba, e seis Monte Xalos: Abraham, Julio, Maragoto, Marante , Miguel e Yiyo, partimos pare Pontedeume, dos que soamente Maragoto e Marante foron os que participaron na proba. O resto encargouse que chegaramos coas patas ben "quentiñas" para tan dura proba.
Non imos facer referencia ós tempos de ascensión, pero coido que calquera dos dous nos damos por satisfeitos cos acadados.
De volta a Betanzos oubo un que dixo que detrás viña unha manada de lobos á que lle había que escapar, e púxose o modo "filispín", que ós que subimos Breamo ben nos chegou aguantar roda.
Remate como ven sendo costume cervexiña na Galera.
Felicitar á Peña Leboreira pola boa organización e o pobo de Pontedeume pola calor e ánimos que lle dan a todolos participantes.
Ate a próxima edición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.