18/09/2016

II BTT COVA DA SERPE (GUITIRIZ)

Na II edición da btt Cova da Serpe en Guitiriz, a PCMX levou o trofeo o grupo mais numeroso, algo que xá estivemos a piques de conquerir o ano pasado, pero o percorrido gustáranos tanto que convencimos a un bó número mais de compañeiros para que se achegasen a participar. De novo o tempo acompañou a xornada, que comenzou de xeito puntual, levándonos case directamente ata a zona dos éolicos, onde estivemos dando voltas arredor dos mismos nun circuito, un tanto duro o noso entender, con constantes subidas e baixadas, que no tramo final xuntaba os participantes da ruta curta e larga a carón do río rematando na mesma liña de saída. Logo de pasar polas duchas, tivemos a comida nun restaurante local, onde a organización mediante sorteo repartiu un lote de agasallos, ademais, entre outros, do trofeo mencionado anteriormente.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.