21 de set. de 2016

BTT LARACHA. POLAS CABECEIRAS DO ANLLONS

Laracha apenas dista vinte minutos dende Cambre,  e o día invitaba a práctica do btt, tan só a icognita do percorrido podía sembrar algunha dúbida, pero a organización a cual felicitamos pois estivo fenomenal, deparou un trazado altamente ciclable con tramos para tódolos gustos, as inevitables estradas debido a proximidade da zona urbana, pisteo ata a zona dos eólicos, trialeiras, zonas abertas logo de moito traballo e unha senda mais propia para pescadores, que nos levou a carón do río Anllons, onde a inmensa maioría disfrutamos o máximo, salvo algún incidente sen consecuencias de ciclistas que remataron no propio río, se cadra levados pola fogosidade do momento. Pon a guinda o pastel o piscolabis que nos diron no pavillón regado con abundante cervexa onde a par había duchas e lavado das bicis. Todo esto por tan só 8€ de inscripción, non se pode dar mais por menos.
De novo a PCMX levou o trofeo o grupo mais numeroso, esta vez recollido por un dos nosos ciclistas mais carismáticos, o incombustible Pocholo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.