22 de set. de 2016

TRAIL TERRAS DO XALLAS

Crónica de Iván Bugallo:
"O domingo 18 de septembro de 2016 achegueime ata Santa Comba para participar no trail Terras do Xallas. Tivemos a sorte de coller un tempo moi bó para a práctica deportiva. Neste caso tratábase da primeira edición, e teño que dicir que a organización foi moi boa tendo en conta que era o primeiro evento que o concello planificaba de estas características. A inscrición foi gratuíta pero iso non evitou que tivéramos bos avituallamentos, moi boa sinalización no monte, e uns voluntarios tremendamente amables.
A nivel persoal fiquei contento ao facer 9º na categoría absoluta (senior) do trail curto, que constou de 18,7 Qms frente aos 14 teóricos por un erro ao parecer das medicións da organización."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.