23 de set. de 2016

IV PASEO CICLISTA SENDA DO MERO


Todos aqueles que en algún momento formástedes parte de unha organización cicloturista sabedes dos nervos dos día previos a proba deportiva a desenrolar, pero cando se trata de que os protagonistas son os cativos da casa, éstos acentúanse, pois faise imprescindible garantir a súa seguridade e que disfruten o máximo de aquelo que nos une a todos, a aficción pola bicicleta. No IV paseo, como nos anteriores puxemos os cinco sentidos nese obxetivo, o cual esperamos ter acadado. O día non puido ter acompañado mellor, estaba solleiro pero coa agradable temperatura que ven anunciando a chegada do outono. Nesta ocasión, preto de 170 ciclistas saímos a carón do Concello de Cambre para percorrer osdoce quilómetros, dos mais de 40 que ten a Senda. A proba transcurriu sin incidentes rematando no punto de saída onde se fixo aviutallamento e un sorteo para os cicloturistas, parte dos cuales foron donados por Rafa de Mount'N'Bikes, o cual agradecemos a súa aportación. Si de achega se trata, hai que suliñar os mais de 200 quilos de alimentos non perecedeiros que foron doados de xeito altruísta polos participantes, os cuales damos profundamente as grazas, e que en breve seran depositados na despensa de alimentos do concello, os cuales seran repartidos entre os mais necesitados. No apartado de agradecementos non esquecemos a aportación dos nosos patrocinadores, que son os que fan posible que levemos adiante eventos como éste, e por suposto o apoio recibido polo Concello de Cambre, como colaborador, e a Policía Local e Protección Civil que axudaron de maneira moi valiosa a contribuir a seguridade da proba. Estades preparados para a quinta edición?




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.