18 de xuño de 2016

VI TROFEO CONCELLO DE OLEIROS XCO

Este sábado tocaba nova tirada do OPEN galego de XCO. A cita era no fabuloso entorno do "bosque dos veciños", na localidade oleirense de Bastiagueiro. Circuito duro, polas constantes subidas, que co paso das voltas van mermando a forza dos corredores. Terreo seco e rápido, que acompañado de algunhas zoas modificadas para facelo máis técnico, convertían as voltas en exixentes e divertidas. Por parte da PC Monte Xalo, participou Julio na categoría de M40.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.