19 de xuño de 2016

OS 21 DO CAMIÑO

Crónica de Iván Bugallo 
"O día 25 de xuño tivo lugar a media maratón "Os 21 do Camiño", escollida o ano pasado por varios medios como a mellor media maratón de España. Os 21 Qms da proba transcorren polo camiño de Santiago no tramo entre as poboacións de Palas de Rei e Melide. Polo tanto non se trata dunha carreira ao uso, non farás a túa mellor marca, porque ten moito desnivel, sen prácticamente unha zona chá, pero o percorrido é espectacular. O mellor que ten a proba é a organización, dende unha bolsa para o corredor moi completa, pasando pola impecable sinalización, moitos e moi atentos voluntarios, avituallamentos abondosos, premios a esgalla e moitos por sorteo, cabinas de masaxe na meta, etc. Participei por segunda vez e teño claro que seguirei participando mentras poida. Recoméndolla ao 100% a todos aqueles que gusten de correr como complemento á bici."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.