20 de xuño de 2016

GRAN FONDO ÉZARO


Crónica de David Asenjo: 
"O pasado domingo 2 de Xullo, desprazámonos a cascado do Ézaro Miguel Manteiga, José Luis Rodríguez, Iván Bugallo, Guille Sánchez, Miguel Amado, Sergio Morandeira e Jorge Rodriguez para participar na ruta larga de 140 qm, e Juan Ferrío, Pablo Castellanos, José Luis Montes, e mais eu para a corta de 100 qm do desafío Gran Fondo Ézaro.
Para mín era a primeira cicloturista en bicicleta de estrada e penso que non podía ter elexido mellor ruta. 
Que dicir de esta cicloturista, unha organización impecable, tendo en conta os mais de 1200 participantes, con un percorrido impresionante, e co único "inconvinte" do forte vento, que fixo todavía mais dura, si cabe, a proba. Como plato final logo de encher as nosas pernas de quilómetros, esperábanos a durísima ascención o mirador do Ézaro "o muro dos muros". Centos de persoas achegáronse para animar os participantes e a verdade é que falta facía, pois a tentación de botar o pé a terra era grande. Espero poder participar na vindeira edición, cambiando ésta vez a ruta longa."

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.