![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhre5eo5h5iT8kYXDsKxqNcnZ-rPOPjJD3HHbBHddr2BNsw9Q9jiDQzDszv0IEloldOR-Zx6ADGbI6crB9BRDZdspMlm6ZptUnFOMAjqGQWq9smjLBivx_g5LLsDlwnFjCQEIT5ffhj5U0/s200/20160716_141027_resized.jpg)
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEh-A2kPW-9fn8nDCsp2Iwm4zTC_VHylLMAY9SkSLZBG3DLUnMPSh5Nm89c1QnhTr1KJN8GFB0gnOU91CR-7fTmdZj6uY3-m8UMnQnqsquGP6NXkGbZsrhSeKGaFcwlen8C_OczOFArr6f0/s200/IMG-20160716-WA0019.jpg)
Aínda que éste ano xá tiñamos feito o camiño de Santiago dende Cambre, levábamos unha tempada dándolle voltas a noria coa idea de facer o mesmo "desafío", pero incorporando a volta no mesmo día, e como todo precisa de unha planificación o día elixido foi o 16 de Xullo. Co que non contábamos era coa onda de calor que nos ía acompañar o longo de todo o percorrido, polo que todolos regatos, fontes, e mais de unha provocativa terraza foron parada obligada por aquelo de hidratarse convintemente. Afortunadamente o camiño conta con moitas zonas sombrías, polo que o remate os 15 Xalos participantes en esta aventura quedamos mais ca satifeistos coa experiencia, endurecida pola inclemencia climatolóxica a que menos estamos acostumados os galegos. Sete horas e media de pedalada, para levar un ritmo asequible, que se foron a casi dez entre avituallamentos, comida en Santiago e pinchazos, deixáronnos coa mel nos beizos, argallando xá o facer o mesmo roteiro o vindeiro ano. O remate acompañados das familias botámoslle un churrasco para a mais ca merecida reposición proteínica. Os participantes dámoslle as grazas a Guille "director técnico" do evento e o seu irmán que nos serviu de apoio loxístico desprazando na furgoneta o material necesario e parando nos puntos estratéxicos para que o camiño fose mais sinxelo, todo un luxo !!!
De este xeito, como non imos repetir...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.