22 de xuño de 2016

DESAFÍO RIBEIRA DE PIQUÍN

Crónica de Sergio Morandeira:
"Outra proba de estrada a que vou, pero neste caso unha das mais duras de Galicia cuns 120 qm, nos que 3 subidas moi duras esperabanme. Esta proba fixose famosa por ser a que leva o quilómetro mais duro de Galicia....e dou fe!!!. Polo Val de Piquin empezou todo, un dia excelente con moito sol, a proba transcurria por unhas estradas moi estreitas e algunha ben asfaltada,con uns 30qm neutralizados para quentar. A primeira subida a do Coto de Frades era moi continua pero longa, a segunda tocou a Barraca, onde o porcentaxe era moi duro o comezo dun 13% e na parte dura cun 20%, acabando a subida con 4qm o 13%....moi dura!! A ultima subida de Cruz de Meira era complicada despois de levar xa 118qm, era constante sen descanso. Por tempo non din pasado o corte pero tampouco a ía subir, je,je, Unha zona moi bonita pola montaña de Lugo, sen dúbida volvo para o vindeiro ano"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.