17 de xuño de 2016

CLASICA VILA DAS PONTES, DESAFIO FRAGAS DO EUME.


Era a XIX edición desta xa lonxeva clásica do cicloturismo da provincia da Coruña. Alá fomos unha nutrida representación da PC Monte Xalo. Como ven sendo habitual nas últimas edicións, circuito que comeza dirección Pontedeume, para unha vez alcanzada esta vila de mar, dirixirse de novo o interior, remontando o río Eume, pasando por poblacións coma Monfero, Irixoa e Momán, onde se vira de novo para As Pontes, onde logo dun bucle polo Caxado, co duro repeito dos gaiteiros, finaliza a marcha. Participación abondosa de máis de 300 ciclistas, cun primeiro tramo neutralizado duns 35 Qm, para dar paso a un tramo de velocidade libre, xa ate o final. Velocidade altísima en todo o desenrolo da proba, superando moitos dos grupos, os 30 Km/h de velocidade media, o que sumado o quebrado do terreo, fai que sexa un duro reto. O acabar, ducha quentiña e comida sentados cos compañeiros do noso e outros clubes. Boa organización nesta tradicional marcha, que o próximo ano celebrará o seu XX aniversario, parece que con algunhas novedades. Teremos que estar atentos!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.