3 de maio de 2016

101 PEREGRINOS

Crónica por Juan Carlos Maragoto:
Por fin chegou o 30 de abril, día no cal poiden "lucir" os cores da nosa Peña nunha proba; eso sí, coa inestimable colaboración dun socio que me prestou o seu maillot.
Polo que respeta a proba, pouco hai que dicir que non se saiba da que se considera un referente nos últimos anos nas carreiras de BTT: distancia longa, desniveis casi imposibles, barro, pedras, que fan que cada participante teña que dar todo o que ten (e algo máis). Neste ano, por primeira vez, a organización recurreu a un formato cívico-militar; por eso de que os oríxenes desta carreira está baseada nunha proba iniciada a mediados dos anos noventa pola Lexión con base en Ronda. En canto a organización, dado o número de participantes (cerca de 2000 en bicicleta, mais outros 500 na modalidade de a pé), ningún pero; avituallamientos cada pouca distancia e con moito persoal (algunha vez de voluntarios e noutras atendido por militares dunha base de León) que facían que foran moi rápidos, asistencia mecánica e unha sinalización perfecta que priorizaba o paso dos participantes en tódalas interseccións en detrimento dos vehículos a motor.
Persoalmente, cumplín os obxectivos marcados, aunque algo decepcionado en canto que "perdín" un pouco de tempo nos "tapons" das primeiras rampas; motivado, principalmente, por sair moi retrasaso -ou outros moi adiantados-.
PD. Fermoso percorrido para facer un deses adestramentos a que nos ten acostumado o "Presi".

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.