O
pasado día 24 celebrouse en Castelo a VII Travesía Do Xalo organizada por
Castelo Deporte á cal acudimos por parte
da peña Bruno, Gerardo e un servidor.
A
carreira transcurriu coma sempre polos arredores do monte por un trazado moi fermoso ainda que con tramos de subida moi
duros. Este ano arrancaba a carreira e xa no qm dous tiñamos a subida ás
torretas de alta tensión que era a peor subida do ano pasado, aí xa me din
conta de que este ano ía sufrir para dala rematado. Despois seguimos có
continuo sube e baixa característico desta proba, percorrimos sendeiros abertos
para a ocasión pola organización e tamén
camiños amplos para que o que quixera adiantar o fisexe (non era o meu caso). A altura do 17 agardábanos un qm vertical con un promedio de 33 % de desnivel e cronometrado, que foi o punto onde as miñas pernas dixeron
que xa estaba ben , a partir de aí comezaron os calambres en músculos que eu
pensaba que non tiña, facéndome non poder disfrutar dos cinco últimos qm da
proba que para min era o tramo máis fermoso da carreira.
A
organización coma sempre perfecta, bos avituallamentos e ao remate a
tradicional churrascada que coma sempre foi espectacular.
Posdata:
Hai que entrenar máis."
Engadir que formaron parte da organización do evento dous Xalos mais, Héctor Díaz e Félix Marta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.