"O pasado domingo 1 de maio os integrantes da peña (Marcos, Juan Carlos, Sergio, Victor, Pablo mais eu) desprazámonos ata o concello de Dumbría con motivo da VI Ruta Btt.
O día non podía estar mellor para a práctica do btt e por primeira vez en moito tempo poidemos ver e ulir o polvo seco dos camiñós i esquecernos das barroeiras dos últimos meses. Ruta moi bonita polas impresionantes vistas dende o alto dos montes polos que discorre a proba. Unha primeira parte de pisteo, territorio favorable para as bicis de 29" e algún outro sendeiro para disfrutar os que resistimos coas rodas mais pequenas. 45 quilómetros de percorrido con unha organización moi correcta e ademais co aliciente de ser cronometrada, pois sempre se agradece falar dos tempos acadados cos compañeiros con unha cervexa na man.
Para o vindeiro ano e ben seguro que polo menos un servidor tratará de repetir a ruta."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.