Crónica de Pablo Castellanos:
"Co pronóstico da visita de Joaquín fumos ainda con máis ganas a esta cita co btt por Fene. Espectacular polos seus longos sendeiros frondosos e de todolos tipos. Ali estivemos Jesús, Yiyo, Guille, meu amigo Alfonso dende Lugo mais eu.
Sain con Jesús na cabeza do pelotón, co chuvasqueiro no bolsillo por si acaso, para evitar atascos e moi ben toda a ruta quitando un tramo de CX do primeiro sendeiro con tanta lama que houbo que facelo ca bici o lombo os 200 bikers, xa vos poderes imaxinar o espectáculo, eso sí sempre disfrutando da preciosa ruta organizada polos compaňeiros do Club Btt Fene.
Seguimos estirando o pelotón, collendo enerxias nos avituallamientos abondosos e con flow polas fragas.
Logo de subir o Marraxón, Coto do Reí decátome que vou pinchado, reparo e aparecen Guille e Yiyo para momento foto. Os deixo tirar os derradeiros km nun vertixinoso descenso ata meta onde nos reciben con empanada ,cervexa, música e ambiente festivo, non era pa menos xá que o pronostico de diluvio non o sentimos en toda a maňan. Ruta do melloriňo de por aquí preto da casa, polo meu gusto.
Vemonos na de Arteixo rapaces."
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.