14 de out. de 2015

CX 2015

A escasos días de empezala nosa participación de cx, nada menos que na copa de España de Medina e Villarcayo, colgamos este video on board do noso emplazamento habitual de adestramento; o "circuito da Laboral", no concello de Culleredo. Nel, podedes velas evolucións dos nosos ciclistas, nun percorrido duns 2.700 m polas campas do complexo lúdico/deportivo. Aparte dos pequenos anacos que lle podemos arrincar o horario laboral pola semán, os sábados que non teñamos carreira, acostumamos a adestrar en grupo neste circuito, o que aproveitan algúns compañeiros para vir cas súas btts, cos seus chaval@s, ou simplemente de espectadores e a tomar o tradicional café final. Para o que guste, estade atentos os avisos. Que Vds. lo disfruten !!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.