13 de out. de 2015
CORUÑA 10 2015
Un ano mais, os deportistas da PC MONTE XALO participamos desta proba deportiva, que se disputa integramente na cidade herculina. Desta volta, o circuito discurría pola liña de costa das praias da cidade, con saída e chegada a zoa do estadio de Riazor, despois de terse desprazado no seu punto máis lonxano ate a mesma torre de Hércules. 10 Km con terreo predominantemente chan, que a convirten nunha carreira moi rápida, si se teñen as pernas fortes. Aínda que sensiblemente menor que anos pasados, abondosa participación que parece que compretou os 3600 participandes, logo da controversia desatada polo excesivo prezo da inscripción, si temos en conta que se trata dunha tirada popular.
Alí estivemos David, Roberto Pedreira e Julio, gastando zapatilla e disfrutando dunha meteoroloxía benigna, o contrario dos pronósticos. Para o ano máis ( esperemos que o prezo, menos....., e xa por pedir o tempo invertido, tamén menos ) !!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.