O venres 16 de outubro
trasladámonos a terras de Castela Eloy e Roberto do C.C. Cambre, Pedro do
Brais-Chas e Kike do P.C. Monte Xalo. A viaxe foi moi longa, case que seis
horas. A mañá seguinte erguémonos cedo para dar unhas voltas ao circuito en
Medina de Pomar. As 12:00 horas salimos os abueletes master 40, 50 e 60. O
circuito estaba seco, rápido e foi moi técnico, a elección das presións nos
neumáticos foi fundamental. Na miña categoria saimos uns 35. Notabase que algún
tiña mais dunha carreira nas pernas! Vascos e asturianos coparon os primeiros
postos.
As 13:00 horas sairon os máster 30 ¡iso
foi outro nivel! Cabe subliñar que a última volta de Roberto foi coa dirección
froxa e o sillín cara arriba.
Digna participación en élite de Eloy. O
final triunfo aplastante dun magistral Aitor Hernández. O día seguinte había que erguerse moito
máis cedo. As 08:00 xa estábamos na campa de Villarcayo. Circuito precioso!
Zona de curveo, area/pedra e tablóns de case 40 cm (algún deixou algún incisivo
alí) Como o día anterior vascos e asturianos dominaron case que tódalas probas.
O final Aitor Hernández e Olatz Odriozola disputaron o triunfo ,
facendo o doblete Aitor.
A organización foi
impecable. O meu agradecemento a Luz e Alvaro. O próximo ano espero poder estar
outra vez!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.