26 de out. de 2015

X BTT ARTEIXO 2015

O 18 de Outubro celebrouse como cada ano a BTT organizada polo clube MB3 Arteixo, que sempre cerca do remate da temporada deixa unha proba esixente e divertida a partes iguais. Os membros da peña Pablo, Jose Luis, Héctor, Félix e Sebas xunto a outros 150 ciclistas tomaron parte na ruta, que durante 37 Qm percorreu toda a zona cercana a Arteixo; percorrido duro polo perfil rompepernas, sen ningún momento de descanso, con subidas sinuosas e baixadas casi endureras, que casi cansaban máis mans que pernas. Este ano a meteoroloxía acompañou sen a aparición de choivas, facendo a proba moi entretenida. Para 2016 repetiremos de seguro!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.